lunes, 20 de diciembre de 2010

O NOSO BELÉN

Como tódolos anos pódese visitar na entrada do cole o noso nacemento. Este ano o tema global que estamos traballando no centro é o tema da AUGA e polo tanto relacionamos o tema co Nadal. Para iso intentamos facer unha réplica da praia da Xunqueira (a praia que temos fronte o noso cole). Temos que felicitar ás familias polas estupendas figuras que elaboraron.