jueves, 23 de diciembre de 2010

BO NADAL A TODOS E TODAS

FESTA DE NADAL

Despois da visita de Papá Noel fixemos unha gran festa cos nosos compañeiros e compañeiras de 4 anos "B". A profe Ana convidounos á súa aula e alí celebramos a festa degustando productos típicos de nadal.

RECIBIMOS A VISITA DE PAPÁ NOEL

O último día antes das vacacións estivo cargado de emocións. Visitounos Papá Noel e deunos a cada un peluche e sacamos fotos con él. Mirade as nosas caras nas fotos...

REMATAMOS O TRIMESTRE CELEBRANDO O CUMPLE DE NOA



¡FELICIDADES NOA!

lunes, 20 de diciembre de 2010

FACEMOS PASTAS DE TÉ PARA O NADAL

A profe Natalia trouxo unha receita de pastas de té moi faciliña e levounos á cociña para poñer as mans na masa. Unha vez feitas as pastas fixemos uns paquetiños e levamos unhas pouquiñas cada un de nós para a casa.

O NOSO BELÉN

Como tódolos anos pódese visitar na entrada do cole o noso nacemento. Este ano o tema global que estamos traballando no centro é o tema da AUGA e polo tanto relacionamos o tema co Nadal. Para iso intentamos facer unha réplica da praia da Xunqueira (a praia que temos fronte o noso cole). Temos que felicitar ás familias polas estupendas figuras que elaboraron.