jueves, 23 de diciembre de 2010
FESTA DE NADAL
Despois da visita de Papá Noel fixemos unha gran festa cos nosos compañeiros e compañeiras de 4 anos "B". A profe Ana convidounos á súa aula e alí celebramos a festa degustando productos típicos de nadal.
RECIBIMOS A VISITA DE PAPÁ NOEL
O último día antes das vacacións estivo cargado de emocións. Visitounos Papá Noel e deunos a cada un peluche e sacamos fotos con él. Mirade as nosas caras nas fotos...
lunes, 20 de diciembre de 2010
FACEMOS PASTAS DE TÉ PARA O NADAL
A profe Natalia trouxo unha receita de pastas de té moi faciliña e levounos á cociña para poñer as mans na masa. Unha vez feitas as pastas fixemos uns paquetiños e levamos unhas pouquiñas cada un de nós para a casa.
O NOSO BELÉN
Como tódolos anos pódese visitar na entrada do cole o noso nacemento. Este ano o tema global que estamos traballando no centro é o tema da AUGA e polo tanto relacionamos o tema co Nadal. Para iso intentamos facer unha réplica da praia da Xunqueira (a praia que temos fronte o noso cole). Temos que felicitar ás familias polas estupendas figuras que elaboraron.
lunes, 1 de noviembre de 2010
O SAMAÍN EN REIBÓN
O pasado venres celebramos o Samaín. As profes de inglés decoraron a entrada do cole e nós aportamos as nosas cabazas decoradas para a ocasión (había case 300).
CUMPLES DE ESTE NOVO CURSO 2010/2011
Aínda que un pouco tarde... aquí comenzan as actualizacións no blogue de este novo curso. Comenzamos cos cumples que celebramos ata agora, o de Antía, Silvia, Guille e Xián. Xa son maiores!!!
jueves, 2 de septiembre de 2010
lunes, 12 de julio de 2010
CELEBRAMOS OS CUMPLES DOS NOSOS AMIGUIÑOS/AS
O día 21 de xuño fixemos unha festa paracelebrar o cumple de David, Hugo, Paula, Aitoe e Lucía que cumplen anos no verán. Pasámolo xenial e eles estaban emocionadísimos.
viernes, 4 de junio de 2010
sábado, 15 de mayo de 2010
domingo, 9 de mayo de 2010
EXCURSIÓN A SANTIAGO
O pasado xoves visitamos as instalacións do aeródromo de Santiago. Foi unha viaxe moi emocionante xa que nunca foramos unha excursión tan lonxe pero saíu moi ben, salvo que facía moito moito frío, pero aínda así disfrutamos un montón.
lunes, 3 de mayo de 2010
domingo, 2 de mayo de 2010
TEATRO: A PEDRA E AS FORMIGAS
O pasado mércores 28 de maio no comedor do cole disfrutamos dunha obra de teatro basada nunhas formigas. Claudia, Aitor e a profe Marta debutaron como actores. Pasámolo moi ben.
viernes, 23 de abril de 2010
miércoles, 21 de abril de 2010
viernes, 9 de abril de 2010
Suscribirse a:
Entradas (Atom)