lunes, 7 de marzo de 2011

ENTROIDO 2011

Basándonos no tema da auga (tema que está a tratar todo o colexio), este curso o patio do colexio encheuse de bañistas sacados dos anos 20. Eran os alumnos/as de educación infantil pero non estaban solos, estaban acompañados de Bob Esponja, dun banco de peixes, de gondoleiros, de mariñeiros...

VISITA AO SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA

O mércores día 2 os nenos e nenas de educación infantil do colexio de Reibón visitamos o salón do libro de Pontevedra. ¡Era un mundo de fantasía! Pasárono xenial.

ARA XA TEN 5 ANOS!!!

domingo, 6 de febrero de 2011

O DÍA DA PAZ DEN REIBÓN

O 28 de Xaneiro celebramos o día da Paz. Como é tradición no cole tomamos o chocolate con rosca acompañados polos compañeiros/as de 1ºC da profe Puri. Despois de comer fomos ó patio e cantamos todo o alumnado do cole a canción de Juanes e soltamos os globos con mensaxes de paz.

viernes, 28 de enero de 2011

jueves, 27 de enero de 2011

¡FELIZ CUMPLE!

No mes de Xaneiro celebramos o cumple do noso amigo Dani, que xunto con Emma, son os primeiros en cumplir os 5 anos. Que maiores!!! E pensar que fai nada aínda entraban no cole con 3 aniños... como pasa o tempo!!

jueves, 23 de diciembre de 2010

BO NADAL A TODOS E TODAS

FESTA DE NADAL

Despois da visita de Papá Noel fixemos unha gran festa cos nosos compañeiros e compañeiras de 4 anos "B". A profe Ana convidounos á súa aula e alí celebramos a festa degustando productos típicos de nadal.

RECIBIMOS A VISITA DE PAPÁ NOEL

O último día antes das vacacións estivo cargado de emocións. Visitounos Papá Noel e deunos a cada un peluche e sacamos fotos con él. Mirade as nosas caras nas fotos...

REMATAMOS O TRIMESTRE CELEBRANDO O CUMPLE DE NOA



¡FELICIDADES NOA!

lunes, 20 de diciembre de 2010

FACEMOS PASTAS DE TÉ PARA O NADAL

A profe Natalia trouxo unha receita de pastas de té moi faciliña e levounos á cociña para poñer as mans na masa. Unha vez feitas as pastas fixemos uns paquetiños e levamos unhas pouquiñas cada un de nós para a casa.

O NOSO BELÉN

Como tódolos anos pódese visitar na entrada do cole o noso nacemento. Este ano o tema global que estamos traballando no centro é o tema da AUGA e polo tanto relacionamos o tema co Nadal. Para iso intentamos facer unha réplica da praia da Xunqueira (a praia que temos fronte o noso cole). Temos que felicitar ás familias polas estupendas figuras que elaboraron.

lunes, 1 de noviembre de 2010

O SAMAÍN EN REIBÓN

O pasado venres celebramos o Samaín. As profes de inglés decoraron a entrada do cole e nós aportamos as nosas cabazas decoradas para a ocasión (había case 300).






CUMPLES DE ESTE NOVO CURSO 2010/2011

Aínda que un pouco tarde... aquí comenzan as actualizacións no blogue de este novo curso. Comenzamos cos cumples que celebramos ata agora, o de Antía, Silvia, Guille e Xián. Xa son maiores!!!


jueves, 2 de septiembre de 2010

lunes, 12 de julio de 2010

CELEBRAMOS OS CUMPLES DOS NOSOS AMIGUIÑOS/AS

O día 21 de xuño fixemos unha festa paracelebrar o cumple de David, Hugo, Paula, Aitoe e Lucía que cumplen anos no verán. Pasámolo xenial e eles estaban emocionadísimos.

viernes, 4 de junio de 2010

sábado, 15 de mayo de 2010